Dado que se trata dunha materia que se imparte no primeiro
cuadrimestre de primeiro curso da carreira, é imprescindible que o estudante manexe
con soltura conceptos e coñecementos básicos de Matemáticas, Física e Química
do bacharelato. Previamente a cursar a materia considérase de gran importancia
coñecer a nomenclatura química (é dicir, nomear e formular os elementos
químicos, compostos inorgánicos e orgánicos máis comúns). Recoméndase,
especialmente aos estudantes que non cursasen a materia de Química en
Bacharelato, a asistencia ao curso "0" que se imparte no mes de
setembro. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co
obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e
sostible ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus
Ferrol": 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta
materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/o soporte informático. 1.2.
Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de
imprimilos. 1.3. En caso de realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase
a impresión de borradores. 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a
prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Tentarase transmitir aos estudantes a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade para que estes
aplíquenos no só na aula senón nos comportamentos persoais e profesionais. Debe incorporarse a perspectiva de xénero nesta materia polo
que os traballos entregados polos estudantes e o material preparado debe usar
unha linguaxe non sexista.
Facilitarase a plena integración dos estudantes que
por razón física, psíquica o sociocultural, experimenten dificultades a un
acceso adecuado, igualitario e proveitoso para a vida universitaria. |