Teaching GuideTerm 2023/24 Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol |
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais |
Subjects |
Fluid and Thermal Machines |
Assessment |
Identifying Data | 2023/24 | |||||||||||||
Subject | Fluid and Thermal Machines | Code | 730G04023 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Third | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies | Description | Qualification |
Supervised projects | B2 B5 C4 | Os traballos tutelados consistirán en problemas ou exercicios a resolver polo alumno xunto coa realización da memoria de prácticas. Unha vez superada a proba mixta, utilizarase a nota media dos traballos tutelados para obter a nota media ponderada final tanto da parte de Máquinas Térmicas como de Máquinas Hidráulicas. | 30 |
Mixed objective/subjective test | B2 | O alumno que aprobe algunhas das probas mixtas conservará esta nota e liberará a parte correspondente da materia nas convocatorias do presente curso académico. | 70 |
Assessment comments | |||
A parte de Máquinas Térmicas ten un peso do 60% da nota media e a de Máquinas Hidráulicas do 40%. Para aprobar a materia o alumno necesita unha nota media igual ou superior a 5 en cada unha destas dúas partes. Ademais, o exame de cada parte da materia dividirase en teoría e problemas cun peso do 50% cada unha en Máquinas Hidráulicas e de 60% en problemas e 40% en teoría en Máquinas Térmicas, sendo necesario obter unha nota mínima de 3.5 en cada unha de de as partes para que se poida cualificar o exame. Na convocatoria da primeira oportunidade faranse dúas probas mixtas: unha ao finalizar a parte de máquinas térmicas e outra ao finalizar a parte de máquinas hidráulicas. Para superar a materia, será necesario aprobar ambas as probas e, no caso de aprobar só una delas, liberarase dita parte e gardarase a nota para a convocatoria de segunda oportunidade. Na convocatoria de segunda oportunidade, examinarase da parte que non superou ou de ambas as partes, caso de ser necesario. As prácticas de laboratorio son obrigatorias e imprescindibles para que o alumno poida aprobar a materia. Aqueles alumnos que se presenten á convocatoria adiantada, ten que cumprir os mesmos requisitos esixidos nas convocatorias ordinarias para superar a materia: realización obrigatoria das prácticas de laboratorio en cursos anteriores, nota mínima de 3,5/10 nas partes de teoría e problemas, e nota final igual ou superior a 5/10 tanto na parte de Máquinas Térmicas como en Máquinas Hidráulicas. Nesta convocatoria a proba mixta terá un peso do 100%. Aqueles alumnos con dispensa académica, deberán realizar: As prácticas de laboratorio. Os traballos tutelados. A proba mixta . Con todo as alumnas e os os alumnos con dispensa académica poderán acordar coas e os docentes da materia datas alternativas para a realización dos traballos tutelados. |
|