Sesión maxistral |
Explicación de contidos por parte do profesor. |
Proba mixta |
Os estudantes enfróntanse a problemas e cuestións teóricas prácticas podendo algunhas ser de tipo test, que só puntúan de ter correcta a xustificación.
Realízanse dúas probas obxectivas de 2 h cada unha, unha parcial eliminatoria e unha oficial onde parte se pode eliminar aprobando a parcial. O total das probas obxectivas é sumando de peso do 60% da nota final.
A parcial eliminatoria será tras o primeiro bloque (tema 1, transformador) e é voluntaria.
Non pode aprobarse á materia sen ir ás probas oficiais e constará non presentado independentemente do alcanzado nas demais metodoloxías. |
Prácticas de laboratorio |
Realizaranse en clase simulacións de resultados de prácticas en computador portatil (pódese solictar no centro para o día que se sinale) e pedirase en casos semellantes a subida da simulación en moodle.
Non pode aprobarse a materia sen asistir e aprobar polo menos unha sesión de prácticas. |