Guía DocenteCurso Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol |
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica |
Asignaturas |
Física 1 |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Física 1 | Código | 730G05002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | B5 C1 | • A asistencia ao laboratorio é obrigatoria. • Para ser avaliado os/as alumnos/as deben ter feito as prácticas que se indiquen. • Non se admiten faltas non xustificadas. • A asistencia e realización de todas as practicas representará o 10 % da nota final. |
10 |
Proba mixta | A2 B1 B3 B6 | • Haberá unha proba ao longo do cuadrimestre que abarcará os capítulos de introducción á física, estática e cinemática. • A proba estará en galego e en castelán. • A contribución desta proba á nota final será de tres puntos como máximo, o 30 % da nota final. • A proba constará dunha parte de teoría (T con 1.2 puntos, máximo) e unha de problemas (P con 1 punto, máximo) . Tamén se contabilizarán os exercicios entregados H1. • A nota final da proba será calculada como sigue: NOTA (E1)=T + P + H1 • De non cumprir co mínimo de 4 asistencias a titorías a NOTA(E1) será penalizada con 0.5, é dicir, NOTA(E1) = T+ P + H1 - 0.5 |
22 |
Proba mixta | A2 B1 B3 B6 | • Haberá unha proba ao final do cuadrimestre que abarcará os capítulos de dinámica do punto, dinámica do sólido, medios continuos e ondas mecánicas. • A proba estará en galego e en castelán. • A contribución desta proba á nota final será de seis puntos como máximo, o 60 % da nota final. • O sistema de puntuación seguirá as mesmas proporcións que no apartado anterior: T con 2.4 puntos máximo e P con 2 puntos máximo. Tamén se contabilizarán os exercicios entregados H2. Entón, NOTA (E2)=T + P + H2 • De non cumprir co mínimo de 4 asistencias ás titorías a NOTA(E2) será penalizada con 0.5, é dicir, NOTA(E2) = T+ P + H2 - 0.5 • Realizarase coincidindo coa data do exame final aprobada en Xunta de Centro. |
44 |
Sesión maxistral | A2 B6 C5 | • A asistencia ás sesións maxistrais é obrigatoria. Para o seu estudo disporase de varios test de autoavaliación de cada tema na plataforma do Campus Virtual. • As/os estudantes con Dispensa académica tamén disporán dos test de autoavaliación de cada tema. |
0 |
Solución de problemas | B1 B3 B5 C1 | • A asistencia ás clases de solucións de problemas é obrigatoria. • Proporanse 50 exercicios (25+25) para resolver. Para puntuar, deberán facerse ben un mínimo de 80 % de exercicios por cada entrega. A nota distribuirase proporcionalmente aos exercicios ben resoltos. Só se admite a entrega dos problemas nas datas fixadas. • Haberá que cumprir un número mínimo de titorías: 4 asistencias antes da primeira proba obxectiva e 2 asistencias entre a primeira e a segunda proba obxetiva. En caso de non satisfacer este requisito a nota dos exercicios será penalizada. • Os problemas da primeira parte (25) puntuaranse a partir de 20 correctos. A nota H1 comezará en 0.3 puntos (por 20 problemas correctos) e rematará en 0.8 puntos (por 25 problemas correctos ). • Os problemas da segunda parte (25) puntuaranse a partir de 20 correctos. A nota H2 comezará en 0.6 puntos (por 20 problemas correctos) e rematará en 1.6 puntos (por 25 problemas correctos ). |
24 |
Observacións avaliación | |||
A nota final da materia virá dada pola ecuación: Nota = Prácticas + E1 + E2 onde:
Os criterios de avaliación da 2ª oportunidade e convocatorias extraordinarias son os mesmos que para as outras probas obxectivas.
Criterios para a Para
Os/as estudantes matriculados/as na modalidade de Dispensa académica deberán: i asistir ás probas obxectivas (exames) da materia, ii realizar as prácticas de laboratorio do programa, os profesores de prácticas facilitarán a elaboración das mesmas iii e entregar, ben en man ben electronicamente, os exercicios previstos nas datas fixadas, podendo facer as titorías telematicamente, iv As/os estudantes con dispensa académica tamén están obrigados á realización dos test de autoavaliación de cada tema de teoría. A expulsión por realización fraudulenta dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia. |
|