Guía DocenteCurso Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol |
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica |
Asignaturas |
Expresión gráfica |
Recomendacións |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Expresión gráfica | Código | 730G05003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Materias que continúan o temario |
Observacións | |
Nesta materia, xunto coa adquisición de coñecementos básicos que permitan actuar con criterio, é imprescindible a exercitación persoal. Esta non pode ser substituída, nin o tempo necesario para adquirir a destreza pode ser acurtado. Por iso é necesario respectar o tempo programado para esta actividade. De feito, o número de horas que se indica é o mínimo que se considera imprescindible. Dada a importancia da orde e a continuidade no traballo, pódese consultar co profesor o enfoque e distribución do tempo dispoñible. Aínda cando o que se indica acontinuación correspóndese cos criterios de comportamento e actitude ante os asuntos expostos por parte dos profesores encargados desta docencia durante todos os anos nos que impartimos este curso, por imperativo legal vémonos obrigados a especificar en concreto o seguinte: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: · Realizarase a través do campus virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos · En caso de ser necesario realizalos en papel: - Non se empregarán plásticos - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. Ademais: · Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. · Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. · Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). · Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respeto e igualdade. · Deberanse detectar situacións de discriminación e proporanse accións e medidas para corrixilas. . Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|