Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. En caso de ser necesario realizalos en papel: Non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado. Evitarase a impresión de borradores. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse
accións e medidas para corrixilas. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais,
psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario
e proveitoso á vida universitaria. |