A solución de problemas consistirá na realización dunha proba
individual, de forma presencial, ao finalizar os temas 1 a 4. Os alumnos que aproben esta actividade eliminan esta materia e non terán que examinarse desta parte na proba mixta. O peso desta actividade na nota final é dun 40%.
Ao final do cuatrimestre (1ª convocatoria) haberá unha proba mixta presencial.
A avaliación na 2ª convocatoria, así como na convocatoria
adiantada, será igual ca na 1ª convocatoria.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 75%:
a)
Solución de problemas (40%)
b) Proba mixta (60%)
PLAXIO: "Cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".