Guía DocenteCurso Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol |
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica |
Asignaturas |
Hidrostática e estabilidade |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Hidrostática e estabilidade | Código | 730G05020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 7.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A18 B6 | Farase unha proba obxectiva que consistirá nun exame que se dividirá en dúas partes: 1.- Estabilidade en estado intacto, 2.- Varada e Estabilidade en avarías e Francobordo e Arqueo. Cada unha destas partes dividirase a súa vez en Teoría e Problemas. Para poder aprobar a materia haberá que obter alo menos un 4 (sobre 10) en cada unha das dúas partes antes citadas. Esa nota obterase considerando en conxunto as notas de Teoría e de Problemas. A parte de Teoría terá unha valoración do 35 % do total e a de problemas o 65 % do total. Haberá, adicionalmente aos exames finais, uns exames parciais de cada unha das partes antes sinaladas. Todos estes exames serán liberatorios, pero esta liberación só terá valor ata o remate do curso académico actual. En ningún caso esta liberación será válida para a proba da convocatoria adiantada. A LIBERACIÓN DAS PARTES SÓ SE PODERÁ FACER DE FORMA CONXUNTA PARA CADA PARTE, POLO TANTO, NON SE LIBERARÁ DE FORMA INDIVIDUALIZADA TEORÍA E PROBLEMAS DE CADA PARTE. |
75 |
Traballos tutelados | A18 B5 C1 C7 | ELABORACIÓN DE CÁLCULOS DE ESTABILIDADE E CÁLCULOS DE FRANCOBORDO E ARQUEO. Nestes estudos de casos realizaranse os cálculos de hidrostáticas e estabilidade dun buque real. O alumndo deberá entregar unha memoria con tódolos cálculos necesarios e unha análise dos resultados obtidos. |
15 |
Prácticas de laboratorio | A18 B6 C1 | REALIZACIÓN DUNHA PROBA DE ESTABILIDADE NO LABORATORIO Nestas prácticas realizarase a experiencia de estabilidade dun modelo de buque a escala. Tras estas prácticas, o alumnado deberá recoller nunha memoria os cálculos necesarios para obter as características do rosca do buque que se estuda. |
10 |
Observacións avaliación | |||
A cualificación final do alumnado obterase mediante a media ponderada de cada unha das tarefas anteriormente descritas, do xeito seguinte: Cualificación final = 0.75 * Cualificación Proba Mixta + 0.1 * Práctica Laboratorio + 0.15 * Traballo Tutelado Onde: Cualificación Proba Mixta = 0.5 * Cualificación Parte 1 + 0.5 * Cualificación Parte 2 Para superar a asigntura, a Cualificación final deberá superar os 5 PUNTOS, e a nota de cada unha das probas mixtas de cada unha das dúas partes deberá superar os 4 PUNTOS. Asimesmo, será necesario ter presentado tanto as memorias de prácticas de laboratorio, coma os traballos tutelados, e asistido as prácticas de laboratorio. Para superar a materia na convocatoria de primeira oportunidade, será imprescindible ter entregado tanto as memorias de prácticas de laboratorio, coma os traballos tutelados nas datas estipuladas polos docentes ao principio de curso. Habilitarase un prazo extraordinario de entrega para osalumnado que se presente na segunda oportunidade. Todos aquel alumnado que se presente ás convocatorias adiantadas ou Dado Respecto a asistencia ás prácticas de laboratorio, o alumnado con dispensa poderá acordar co profesor unha data alternativa para a realización das devanditas practicas que se adapte as súas necesidades. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso 0 na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria. |
|