Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias do Traballo |
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns |
Asignaturas |
Técnicas de prevención de riscos laborais.Hixiene industrial. |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Técnicas de prevención de riscos laborais.Hixiene industrial. | Código | 760482003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Análise de fontes documentais | A3 B1 B2 B3 C1 C3 | Presentación dun traballo sobre unha temática proposta polo profesor, no que cada alumno deberá elaborar unha parte do traballo, e na que tanto a metodoloxía empregada para a presentación e a calidade técnica dos traballos escritos serán avaliados. Vai valorar: Emprego de ferramentas básicas de tecnoloxía da información e comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida. Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. Categorizar os riscos de contaminantes químicos, físicos e biolóxicos no traballo, e coñecer as principais estratexias de prevención |
10 |
Aprendizaxe colaborativa | A3 | Preparación, desenvolvemento e presentación dun traballo escrito por un grupo de tres ou catro persoas. A avaliación terá en conta: O traballo en colaboración O uso de ferramentas básicas de tecnoloxía da información e comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida. Asunción como profesionais e cidadáns da importancia da aprendizaxe ao longo da vida. Categorización dos riscos á exposición de contaminantes químicos, físicos e biolóxicos no traballo, e coñecer as principais estratexias de prevención. A implantación do marco regulador en materia de prevención de riscos. |
10 |
Estudo de casos | B3 C3 C4 | Elaboración de informes sobre un problema concreto que pode xurdir en clase sobre o estudo de casos específicos. Avaliaranse: A implantación do marco regulador en materia de prevención de riscos. Categorizar os riscos á exposición de contaminantes químicos, físicos e biolóxicos no traballo, e coñecer as principais estratexias de prevención. |
20 |
Proba obxectiva | A3 C1 | Examen obxectivo con cuestións de múltiple elección, preguntas curtas y resolución e resolución dun caso onde avaliar se alcanzaron as competencias propostas na sección de competencias desta guía ensino. | 60 |
Observacións avaliación | |||
No caso de que algún/ha estudante no poidera, por razóns debidamente xustificadas, seguir esta metodoloxía docente, deberá poñerse en contacto, ao principio do cuatrimestre, co profesor responsabel para realizar unha serie de traballos e unha proba obxetiva que permita validar os seus coñecementos na materia. Na proba obxectiva o estudante deberá obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10. As puntuacións dos traballos realizados durante o cuatrimestre serán tidos en conta na convocatoria da segunda oportunidade. O estudiante terá a cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa unha falta de honradez en calquera das actividades avaliables: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |
|