- O traballo do alumnado será avaliado de forma continua a través da asistencia ás actividades avaliables, a súa participación nos seminarios, a resolución das cuestións e problemas, prácticas de laboratorio e proba mixta.
- Para superar a materia é necesario obter unha nota mínima de 5 puntos (sobre 10) nos exames parciais ou no exame final.
- A realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia. Os estudantes que non realicen TODAS as prácticas, sen un motivo debidamente xustificado, non poderán aprobar a materia, independentemente do peso destas na avaliación.
Primeira oportunidade: a cualificación final obtense aplicando as porcentaxes e as restricións previamente establecidas, sendo necesario obter unha nota final igual ou superior a 5 (sobre 10).
O estudante obterá a cualificación de "Non Presentado" cando non realice nin as prácticas de laboratorio nin a proba mixta.
Segunda oportunidade: na segunda oportunidade realizarase a proba mixta cuxa cualificación substituirá á obtida na primeira oportunidade manténdose as cualificacións das actividades (prácticas de laboratorio, seminarios e saídas ao campo) da primeira oportunidade.
A cualificación final obtense aplicando as porcentaxes e as restricións previamente establecidas, sendo necesario unha nota final igual ou superior a 5 (sobre 10). Os estudantes avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriron na súa totalidade na primeira oportunidade.
Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.