Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Álxebra
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A1 A2 B15 C3 C18 C8 Os problemas propostos para entregar incluirán algún apartado que deba ser resolto utilizando MATLAB/Octave 5
Proba de resposta breve A1 B5 B8 C10 C12 Proba obxectiva dirixida a recordar conceptos básicos da materia de forma concisa. 20
Proba de resposta múltiple A1 B8 C10 C12 Proba obxectiva que pode conter cuestións con 4 posibles respostas das que só unha delas é válida, preguntas de verdadeiro ou falso ou cuestións de resposta curta que se realizarán ó rematar cada tema. 12
Proba obxectiva A1 B3 B6 B8 B7 C10 C11 C12 C16 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidadede determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc. 50
Solución de problemas A1 B2 B4 B9 B8 B18 B7 C10 C11 C12 C13 C15 C16 Formúlanse unha serie de problemas que o estudante debe resolver a partir dos coñecementos que se traballaron en teoría 13
 
Observacións avaliación
  • Exames
    teórico-prácticos: realizarase unha proba parcial ao final do primeiro
    cuadrimestre e outra ao final do segundo. Ademais, un exame final en cada
    oportunidade. Cada exame final terá dúas partes (unha por cada parte na que se
    divide a materia). Por tanto, haberá tres ocasións para examinarse de cada unha
    das dúas partes da materia.
  • Probas:
    ao final de cada tema realizarase unha proba/test voluntario de carácter
    teórico.
  • Prácticas
    con entrega: en cada tema propoñeranse unha ou varias prácticas con problemas a
    resolver na aula. Nalgunhas destas prácticas utilizarase Octave ou MATLAB para
    a resolución das mesmas. Polo menos unha práctica por tema entregarase e
    cualificarase como parte da nota de curso.

 Na avaliación da materia
seguiranse as seguintes normas:

 NOTAS DE EXAME

Consérvanse as notas de exame dunha oportunidade a outra.
É dicir, a nota de exame asignada a cada parte da materia será en cada momento
a mellor das obtidas en todas as convocatorias, parciais e finais, realizadas
ata ese momento durante o curso. En particular, en caso de non presentarse a
unha das partes da materia nun exame final, conservarase a nota obtida por
parciais, ou no final anterior.

 NOTA DE CURSO

• A nota de curso obtense a
partir das probas (40%) e as prácticas con entrega (60%).

• A peor nota tanto de
probas como de prácticas non se terá en conta para a nota de curso. En
particular, a non asistencia a unha soa proba e/ou unha soa práctica supón un 0
que se descartará ao calcular a nota de curso.

• A nota de curso pasará a
ser un 0 se a asistencia ás clases prácticas (con e sen entrega) foi inferior
ao 80%.

 NOTA FINAL

  • No caso de que as notas
    de exame das dúas partes sexan ambas maiores ou iguais a 3.5, a nota final
    será o máximo de:
1. notas de exame x 0.7 + nota de curso x 0.3
2. notas de exame


  • Se a nota dalgunha das dúas
    partes é menor que 3.5, non se superou a materia, e a nota final será o mínimo
    de 4.5 e a nota calculada no apartado anterior.
  • En calquera caso, para
    superar a materia é necesario obter polo menos un 5 como nota final.
A realización fraudulenta de probas ou prácticas, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de "0" na nota de curso. No caso dos exames, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" nas partes da materia avaliadas na oportunidade correspondente. Seguirase en todo caso o establecido na normativa académica vixente da UDC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes