Na primeria oportunidade
De acordo coas Normas de Avaliación, Revisióne Reclamación de Titulacións dos estudos de Grao e Mestrado, a materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías de aprendizaxe activa. Para aprobara materia, o alumnado deberá obter un 5 na cualificación global da materia eter superado cada unha das metodoloxías avaliables.
Para o alumnado que non poida asistir porcausa xustificada, manterase o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá coñecer as actividades propostas e as súas datas de entrega.
Polo tanto, o día sinalado no calendario oficial non se realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao remate da impartición da materia.
Na segunda oportunidade, o alumnado terá que entregar o dosier das actividades realizadas na data sinalada pola docentes. Terá que obter unha calificación igual ou superiro a 5 para superar a materia.
Enténdese que os universitarios asumiron as capacidades lingüísticas en relación coa expresión oral e a escrita. Polotanto, a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), a corrección gramatical e léxica resulta imprescindible e obrigatoria nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.
En canto á realización fraudulenta das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA Aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023.
“Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”,“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC .” https://www.udc.es/es/normativa/academica/
A oportunidade adiantada, a evaluación rexirase polo modelo de evaluación correspondiente ó curso precedente.