Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Tutoría, mentoría e coaching
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A8 B7 B13 Valórase:
Resultados de aprendizaxe
Participación activa no grupo
Designación de tarefas
Traballo en equipo
Respecto e colaboración
Organización do traballo
Actitude, motivación e implicación
Produto final ben elaborado
100
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación

Primeira oportunidade. Para aprobar a materia é necesario ter todos os traballos tutelados realizados, entregados e aprobados. A cualificación final será consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación.

A avaliación do alumnado non presencial consistirá na entrega dun traballo sobre os contidos da materia e na realización dunha proba obxectiva.

Na presentación do traballo teranse en conta os erros de: formato, redacción, gramática e ortografía.

Segunda oportunidade para estudantes asistentes, non asistentes e oportunidade adiantada. Para superar a materia é necesario obter 5 puntos sobre os 10 posibles na proba obxectiva (ponderación 100%), sendo a única actividade de avaliación.

Todos os aspectos relacionados coa dispensa académica, a dedicación ao estudo, a permanencia e a fraude académica rexeranse segundo a normativa académica vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes