Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (semipresencial)
 Asignaturas
  Técnicas Histolóxicas
   Contidos
Temas Subtemas
CONTIDOS TEÓRICOS.
1. Laboratorio de criobioloxía. Requerimentos e equipos. Toma, transporte e preservación de mostras biolóxicas. Principios da criopreservación de
células e tecidos.
2. Fundamentos do proceso de fixación tisular. Propiedades dos líquidos fixadores. Descalcificacion tisular. Líquidos descalcificadores. Métodos
de inclusión. Microtomos e técnicas de corte dos tecidos. Criotomía.
3. Tincións histolóxicas. Tincións histolóxicas básicas. Tincións para fibras coláxenas e elásticas do tecido conxuntivo. Tincións de hidratos de
carbono. Tincións de depósitos de calcio. Tincións de lípidos. Sudán III. Outras tincións.
4. Tincións inmunohistoquímicas. Concepto de antíxeno e anticorpo. Técnicas de tinción inmunohistoquímica (enzimáticas e inmunofluorescentes).
Factores que condicionan o resultado des tincións inmunohistoquímicas.
5. Microscopía. Fundamentos do microscopio óptico. Observación de preparacións inmunofluorescentes.
CONTIDOS PRÁCTICOS
1. Criopreservación (de tecido óseo, de válvulas cardíacas, etc.).
2. Procesado de inclusión en parafina e obtención de seccións microscópicas.
3. Conxelación en nitróxeno líquido. Obtención de seccións microscópicas en criostato.
4. Tincións histolóxicas (hematoxilina-eosina, tricrómico de Masson, etc.) e histoenzimáticas (succinato-deshidroxenasa, etc.).
6. Tinción inmunohistoquímica.
7. Observación microscópica das preparacións realizadas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes