Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Guía Provisional |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Procesos de Terapia Ocupacional |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Procesos de Terapia Ocupacional | Código | 653G01204 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A7 A8 A9 A20 A33 B3 B4 B10 B23 B29 B36 | Valorarase a actitude e participación: actitude colaborativa (implicación co grupo nas tarefas e no desenvolvemento xeral do laboratorio); participación (interacción empática, proactiva, analítica e construtiva); respecto (aos participantes do grupo, docentes e normas de funcionamento do laboratorio); responsabilidade (consigo mesmo/a e/ou co grupo, tanto na preparación dos traballos realizados durante o laboratorio como no proceso de ensino-aprendizaxe). A asistencia é obrigatoria e só se pode faltar de forma xustificada a unha sesión. A asistencia á metodoloxía de eventos científicos será valorada nesta metodoloxía. |
35 |
Proba mixta | A2 A1 A8 A9 A20 B3 B4 B10 B13 B25 B26 C1 | Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno/a (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos, así como a integración de conceptos). | 35 |
Estudo de casos | A2 A7 A9 A20 B1 B23 B29 C1 | Valorarase o informe do proceso de terapia ocupacional realizado ao longo da materia, articulando a teoría e a técnica abordada na mesma. O emprego da literatura actualizada será importante, así como a súa debida xustificación no estudo de caso proposto. | 30 |
Observacións avaliación | |||
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9 = Suspenso; 5-6.9 = Aprobado; 7-8.9 = Notable; 9-10 = Sobresaínte; 9-10 Matrícula de Honra (Graciable). Considerarase como "non presentado" (NP) aquel/a estudante que, estando matriculado, non se presente ás actividades de avaliación establecidas para o curso académico. En ausencia de regulación específica, considerarase "non presentado" cando: a) non complete a avaliación continua segundo a guía docente, ou b) non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consume convocatoria. Valorarase a puntualidade e a asistencia obrigatoria ás prácticas de laboratorio, podendo faltar como máximo a unha sesión xustificada (consultar a normativa vixente da universidade na que se inclúen as situaciones que se poden xustificar). Para aprobar a materia, o estudante debe participar activamente, entregar todos os traballos e superar todas as metodoloxías de avaliación. Os estudantes deben asistir a eventos científicos como o Ciclo de Conferencias en Terapia Ocupacional 2024: 25 anos de historia da Terapia Ocupacional na Universidade da Coruña. Será necesario obter unha cualificación mínima de 1,75 (sobre 3,5) na proba mixta e nas prácticas de laboratorio, e de 1,5 (sobre 3) no estudo de casos. É necesario aprobar todas as metodoloxías para superar a materia. En caso contrario, a nota será a da proba mixta. As notas das outras metodoloxías serán consideradas na segunda oportunidade (xullo), se están aprobadas e a proba mixta superada. Segundo a norma de dedicación ao estudo dos estudantes de grao da Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), os estudantes con matrícula a tempo parcial teñen dereito a asistencia flexible e a solicitar dispensa académica especial (art. 4, apartado 5), se non afecta negativamente á avaliación. As Comisións Académicas da UDC concretan o alcance desta dispensa. A concesión da flexibilidade dependerá da valoración da comisión académica do Grao de Terapia Ocupacional, considerando as metodoloxías e criterios de avaliación das materias. A fraude nas probas ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, tanto na primeira oportunidade como na segunda, cunha nota numérica de 0. Modificarase a cualificación na acta da primeira oportunidade, se é necesario. Todos los aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación al estudio", "permanencia" y "fraude académica" se regirán de acuerdo con la normativa académica vigente en la UDC.
|
|