Guía DocenteCurso Facultade de Humanidades e Documentación |
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas |
Asignaturas |
Literatura e Casas Museo |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura e Casas Museo | Código | 710521014 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Presentación do contido e avaliación dos coñecementos previos do alumnado, así como avaliación da sua disposición fronte a materia. Valoración das necesidades específicas do alumnado. |
Sesión maxistral | Nestas sesións daránse as claves teóricas e describiránse conceptos básicos para fixar as nocións fundamentais que se precisan para o desenvolvimento do resto das metodoloxías de aprendizaxe. |
Lecturas | Será preciso realizar diferentes lecturas sobre os contidos da materia e tamén lecturas de textos literarios relacionados cos casos analizados e co proxecto de investigación que realizará o alumno. |
Saídas de campo | Actividades desenvolvidas fora da aula e no entorno das casa museo de escritores da contorna, e que proporcionarán a observación sistemática e directa da museización ca finalidade de por en relación todos os coñecemntos adquiridos e poder elaborar exitosamente o proxecto de investigación final. |
Estudo de casos | A partir da visualización ou visita a algunhas casas museos, e da lectura de fragmentos literarios, estudaráse a relación do texto e a museización proposta, avaliando e xustificando o resultado final. |
Investigación (Proxecto de investigación) | Se propoñen situacións que requiren do estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. No proxecto de investigación amósanse as habilidades logradas nas outras metodoloxías utilizadas e ponse de manifesto a autonomía fronte a aprendizaxe e as capacidades de desenvolvemento dos coñecementos adquiridos nun contexto real. |
|