Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
![]() |
Grao en Bioloxía |
![]() |
![]() |
![]() |
|
|
|
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química | Código | 610G02001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Haberá unha sesión inicial de presentación da materia, na que se exporán ao alumnado os contidos que se pretenden abordar, a metodoloxía docente en grupo grande e en grupos reducidos, e os criterios de avaliación. |
Sesión maxistral | Os contidos teóricos abordaranse nas sesións maxistrais mediante explicacións impartidas polo profesorado. O alumnado atopará en Moodle as presentacións e materiais adicionais de cada tema, nos que se incluen test de autoavaliación. |
Seminario | Nos seminarios abordarase a análise e a resolución dalgúns dos exercicios propostos nos boletins de cada tema. Co obxecto de aproveitar ao máximo estas sesións, é moi importante que os/as alumnos/as traballen os exercicios previamente. O alumnado terá a súa disposición os boletíns e o material necesario para a súa resolución en Moodle. |
Prácticas de laboratorio | No laboratorio o alumnado realizará 7 prácticas relacionadas cos contidos teóricos que se abordan na aula, cunha duración de 2 h cada unha. O alumnado disporá do guión do traballo a realizar en cada sesión e dos materiais previos (lecturas, videos, etc.) que se revisarán antes de comezar a experimentación. O profesorado repasará os aspectos teóricos máis relevantes de cada práctica. Os guións incluirán o procedemento experimental e un cuestionario final. O alumnado deberá lelos previamente e terá que levalos ao laboratorio. Cada alumno/a realizará individualmente unha memoria/caderno de laboratorio onde recollerá o obxecto e fundamento teórico da práctica, un esquema/debuxo do material empregado, os experimentos e as observacións feitas, os resultados obtidos, extraerá unhas conclusións e finalmente respostará ao cuestionario. Unha selección das preguntas do cuestionario serán entregadas ao/á profesor/a ao final de cada sesión. A memoria será enviada en formato pdf, a través do Campus Virtual, para a súa avaliación por parte do profesorado unha semana despois de rematar as prácticas. |
Traballos tutelados | O obxectivo fundamental destas sesións é o seguimento da comprensión de cada tema por parte do alumnado. Para iso prográmanse 5 sesións de 1 ou 2 horas en grupos reducidos. O alumnado deberá preparar cada sesión estudando os contidos correspondentes e realizando uns exercicios que estarán dispoñibles na plataforma virtual, e dos que deberán entregar as solucións antes das titorías. Na aula discutirase a resolución destes exercicios entre todos/as. Ademais, levaranse a cabo probas curtas que contribuirán á cualificación global, nalgunhas sesións ou no campus virtual. |
Proba obxectiva | Farase un exame escrito co propósito de avaliar o grao de asimilación e a capacidade de aplicación dos contidos da materia por parte do alumnado. |
|