Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Microbioloxía aplicada e control microbiolóxico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas B2 B4 B5 Realizarase unha avaliación continua da elaboración de problemas e cuestionarios, os cales serán avaliados e supoñerán o 10% da nota final. Ademais, os coñecementos adquiridos na resolución de problemas serán valorados na proba mixta. 10
Prácticas de laboratorio A1 A2 A4 A9 A11 A13 A14 A25 A30 A31 Asistencia obrigatoria. Avaliación continua durante o desenvolvemento destas (5%). Exame (15%). 20
Proba mixta A14 A15 A21 A27 B2 Proba escrita dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais (50%) e na resolución de problemas (20%).
Durante o desenvolvemento da materia lévaranse a cabo presencialmente varios exames curtos.
Para os alumnos que non se presenten a estos exames, farase un exame presencial global na data prevista para o exame final.
70
 
Observacións avaliación

A asistencia ás sesións de resolución de problemas e ás prácticas de laboratorio é obrigatoria.A non realización das prácticas impide a superación da materia, polo que aqueles alumnos que non as realicen non poden presentarse a exame (proba mixta).O alumno deberá superar tanto as prácticas coma a proba mixta para superar a materia.Para superar as prácticas, ademais da asistencia, é imprescindible aprobar o exame correspondente.Para a avaliación continua, no que se refire á resolución de problemas, cada estudante deberá ter resoltos os correspondentes boletíns de problemas previamente á asistencia a cada sesión e na forma indicada polo profesor. Finalmente, deberá acudir á correspondente sesión.Proba mixta: estará constituída por dúas partes, unha teórica (50%) e outra de resolución de problemas (20%).Para aprobar a materia deberá superarse cada unha das partes (calificación >=5): teoría, prácticas e resolución de problemas.Baseándose na avaliación continua poderá valorarse especificamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo dun punto.

Para que un alumno sexa considerado como NON PRESENTADO" non deberá ter realizado a proba mixta.No caso de non aprobar a materia na primeira opción, na segunda oportunidade deberá superarse a parte non aprobada. Se é a teoría, repetindo a parte correspondente da proba escrita, o mesmo no caso da resolución de problemas. Se son as prácticas, repetindo o exame. No caso de que varios alumnos optaran á obtención de Matrícula de Honra e non se puidesen concender todas, concederáselle a aqueles alumnos que obtivesen a máxma cualificación na primeira oportunidade.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente
da UDC
.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes