Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Sostibilidade e Conservación da Fauna
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A4 A26 A29 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 En todos os seminarios avaliarase a participación activa, e a realización dun traballo breve sobre o tema tratado. Os alumnos que non asistan aos seminarios e, polo tanto, non estean presentes nas sesións de discusión nin realicen os exames curtos, obterán unha cualificación de 0 puntos na actividade realizada ese día. A nota obtida dos seminarios manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo).
30
Proba obxectiva A6 A9 A24 B2 B3 B4 B6 B8 B10 B13 Trátase dunha proba con preguntas de respostas curtas 50
Estudo de casos A6 A20 A22 A23 A24 A26 A27 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 Os estudos de casos son de caracter obrigatorio. Ao finalizar o estudo de casos haberá un exame na plataforma Moodle . A nota obtida nesta proba manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo).

20
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas realizadas como"estudo de casos", os debates e os
exames curtos realizados nos seminarios, así como a participación activa en todas estas actividades.

Para aprobar a materia haberá que cumprir cos criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5,0 puntos.
Para
as cualificacións finais de ambas oportunidades, serán considerados
como “Non presentados” aqueles alumnos que non comparezan as probas
obxectivas nas datas oficiais sinaladas.

Serán considerados como
“Suspensos” os alumnos presentados que non acaden a puntuación global de
5,0 puntos ou non cheguen a 5,0 puntos sobre 10 na proba obxectiva
(independentemente da nota obtida nos seminarios e nas prácticas). Neste caso, figurará na acta a nota obtida na proba obxectiva.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Para os estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro, aplicará a guía docente do curso anterior

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes