Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Bioloxía |
Asignaturas |
Fisioloxía Animal II |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Fisioloxía Animal II | Código | 610G02036 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A4 A10 A17 A26 A28 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B11 | OBRIGATORIAS nesta materia de carácter experimental, serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio e a actitude ao longo das mesmas. Haberá un exame (Proba de resposta breve) para avaliar de xeito obxetivo os coñecementos adquiridos durante as prácticas, tamén haberá cuestionarios e táboas que os estudantes deberán cubrir durante a realización das prácticas e entregar a través da aula virtual. Prácticas realizadas en cursos previos no caso de alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 3 anos. |
14 |
Proba obxectiva | A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 | Haberá un exame final da materia ao remate do cuadrimestre. A proba, con preguntas curtas, estará centrada na materia abordada nas sesións maxistrais e aqueles aspectos que pola súa relevancia foron debatidos novamente e desenvoltos no contexto dos seminarios. Computará o 55% na nota final se ben É PRECISO OBTER UN MÍNIMO de 4 puntos sobre 10 para aprobar a materia). |
55 |
Seminario | A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 | Debates, exercicios escritos (exames curtos individuais ou en grupos de alumnos, dentro do grupo de seminario) e actividades relacionadas coa materia da asignatura, desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos e que serán CONSIDERADOS COMO PARTE da AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación/exercicios escritos de cada alumno. O ALUMNO AUSENTE nestas actividades terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada. | 16 |
Traballos tutelados | A21 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 | Os traballos, de carácter optativo, serán avaliados en función da profundidade do contido, a presentación e claridade da organización, a actitude ao longo da realización do mesmo, o emprego dunha linguaxe propia do contexto disciplinar e o cumprimento dos prazos dados. A nota obtida supoñerá un 15% da cualificación final. A nota obtida nos traballos tutelados manterase invariable para o cómputo da cualificación final no caso dos/as alumnos/as que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo). | 15 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa teórico, as actividades prácticas de laboratorio realizadas e os traballos tutelados en grupo. Poderá así mesmo valorarse a asistencia ás clases presenciais así como a entrega de posibles tarefas durante o curso. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión ecapacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas. -Terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran á "proba obxectiva",tendo ou non realizado previamente as “prácticas de laboratorio” e/ou participaran nosdebates desenvoltos nos "seminarios". -Terán carácter de SUSPENSO aqueles alumnos que téndose presentadoá "proba obxectiva", non acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado “Avaliación”, aínda que tiveran realizado previamente calquera das outra actividades como son as "prácticas de laboratorio"e/ou participaran nos "seminarios". -Os alumnos que concorrendo a unha avaliación ; non tiveran realizado as "prácticas de laboratorio", terán que facer fronte a preguntas relativas ás mesmas como parte da "proba obxectiva", debendo obter nestas preguntas unha cualificación mínima de 5 sobre 10. - O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” que non puidese asistir ás prácticas, terán que pasar un exame de prácticas e obter unha cualificación mínima de 5 para superar a asignatura. -Os alumnos que non tendo acadado o mínimo de 4 na proba obxectiva do temario, ou que non fixeron as prácticas nin o exame final de prácticas, teñan unha calificación de 5 ou superior, figurarán nas actas cunha calificación de 4.9 -A convocatoria adiantada de Decembro seguirá a guía docente do curso en vigor. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente. Todos os aspectos relacionados con 'dispensa académica', 'dedicación ao estudo', 'permanencia' e 'fraude académica' rexiranse dacordo ca normativa académica vixente da UDC. |
|