A avaliación continua consiste en:
1) Exames sobre o contido das clases de teoría, que constitúen o 65% da nota final
2) Exames sobre o contido das prácticas de laboratorio e os obradoiros, que constitúen un 35% da nota final (exame(s) sobre Paleontoloxía Sistemática/Molecular, 20% + exame de identificación de fósiles "de visu", 15%). A non asistencia ás prácticas de laboratorio e os obradoiros penalizarase como segue:
- 1 falta inxustificada ás prácticas/obradoiros = 1 punto sobre 10 no exame de Paleontoloxía Sistemática/Molecular
- 2 faltas inxustificadas ás prácticas/obradoiros = 2,5 puntos sobre 10 no exame de Paleontoloxía Sistemática/Molecular
- 3 faltas inxustificadas ás prácticas/obradoiros supoñen o suspenso da materia (incluíndo as oportunidades de Xaneiro e Xullo)
3) Ademais dos exames, os estudantes deberán demostrar o seu coñecemento da escala cronoestratigráfica cun valor do 0% na cualificación final. Esta proba considérase, por tanto, chave para a superación da materia.
Para aprobar esta materia (clases maxistrais e prácticas de laboratorio + obradoiros = 100%) os estudantes deberán ter un mínimo de 5.0 sobre 10. No entanto, todas as actividades que compoñen a avaliación continua (clases maxistrais e prácticas de laboratorio + obradoiros) pódense compensar a partir dunha nota mínima de 4.0 en cada unha das partes.
Os exames finais (oportunidades de Xaneiro e Xullo) só son necesarios para os estudantes que non superasen a avaliación continua. Os estudantes que aprobasen calqueira das partes da avaliación continua (clases maxistrais e prácticas de laboratorio + obradoiros) poderán manter esta nota en cada un dos exames finais (oportunidades de Xaneiro e Xullo), examinándose só das partes que suspendesen. Con todo, para cursos sucesivos, o proceso ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, referirase a un curso académico e, por tanto, volveríase a comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para o devandito curso.
Baixo circunstancias excepcionais debidamente xustificadas, como a de estudantes a tempo parcial ou con necesidades educativas especiais, poderanse tomar medidas específicas de avaliación.
Só se outorgará a cualificación de "non presentado", para aqueles estudantes que non participasen en máis dun 20% das actividades avaliables programadas durante o curso.
Todas as instrucións mencionadas arriba son tamén de aplicación aos estudantes a tempo parcial.
Os estudantes de cursos anteriores que se presenten á convocatoria adiantada de Decembro examinaranse segundo as instrucións contempladas na guía docente da materia de curso 2023/2024 (consultade a correspondente guía docente).
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC: https://www.udc.es/es/normativa/academica/