Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Deseño e Análise de Algoritmos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A4 A5 A6 B2 B7 B10 C1 Valoraránse os resultados, forma e condicións de realización de diversos traballos puntuables que se detallarán durante o curso. 20
Prácticas de laboratorio A4 A5 A6 B2 B3 B7 B9 B10 C1 Realizadas segundo as condicións establecidas no enunciado de cada práctica. Ademais da corrección das prácticas entregadas, a súa avaliación poderá incluír defensas ou probas presenciais sobre o traballo desenvolvido nas mesmas. A entrega en tempo e forma das prácticas é condición necesaria para aprobar a materia na primeira oportunidade. 20
Proba obxectiva A4 A5 A6 B2 B3 B8 B9 Realización obrigatoria. Avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. É necesario obter unha nota mínima de 4 para aprobar a materia en calquera das oportunidades. 60
 
Observacións avaliación

Proba obxectiva

É necesario obter unha nota mínima de 4 para aprobar a materia en calquera das oportunidades.

Traballos prácticos e solución de problemas

- Dado que se trata de actividades de avaliación continua, non se reavaliarán nin se admitirán entregas na segunda oportunidade. As cualificacións dos traballos prácticos e solución de problemas da primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade.

Matrícula a tempo parcial

- O alumnado matriculado a tempo parcial terá que entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao profesorado.

Non presentado

- Quen non concurra á proba obxectiva no período oficial de avaliación terá a condición de “Non presentado” (NP). Na primeira oportunidade, esto será extensible a quen non entregue todas as prácticas en tempo e forma.

Outros aspectos

- Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

- Se as probas ou actividades de avaliación se realizaren en grupo, todos os membros do grupo responderán de forma solidaria do traballo realizado e entregado e das súas posibles consecuencias.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes