Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Representación e Xestión de Datos Espazo-Temporais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas B2 B3 B4 B7 C1 C4 Realización das tarefas prácticas propostas. 40
Traballos tutelados B2 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C1 Avaliarase a calidade do traballo realizado e a súa xustificación. 30
Proba mixta A7 A8 B4 B7 Proba individual escrita, sobre os contidos da materia. 30
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación global superior a 5, e ademais:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na solución de problemas.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 1 (sobre 3) nos traballos tutelados.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 1,5 (sobre 3) na proba mixta.

De non obter algunha destas notas mínimas, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.


SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán
presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que
non superasen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de
cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos
    tutelados: poderán recuperarse no caso de que non foran entregados ou
    non se acadase a nota mínima na primeira oportunidade. 
  • Solución de problemas: cada práctica poderá recuperarse realizando unha nova entrega na segunda oportunidade.
  • Proba mixta: poderá recuperarse realizando o exame, nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Se
    un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das
    partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Na segunta oportunidade mantéñense as mesmas porcentaxes de avaliación e notas mínimas da primeira oportunidade.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das partes.


NORMATIVA ACADÉMICA

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes