Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Subjects
  Inclusive education and educational psychology practice
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Terán por obxecto indagar sobre os coñecementos previos e a motivación do alumnado sobre a temática de cada unidade ou bloque temático.
Oral presentation Dos conceptos chave de cada bloque temático e unidade . Da estructura e oganización dos contidos esenciais. Dos casos, informes e textos sobre os que se desenvolverá o traballo grupal e individual.
Directed discussion Tomando como base as lecturas indicadas no seminario, os casos prácticos estudados ou as indagacións que o alumnado realiza sobre as temáticas previamente fixadas, levarase a cabo unha discusión dirixida que ten como fin construír unha aprendizaxe significativa na que o alumnado revise, cuestione e faga seu o coñecemento.
Case study Ten por obxecto relacionar o coñecemento teórico e práctico sobre a problemática da inclusión educativa.
Permite analizar aspectos de avaliación diagnóstica e detección, tratamento individualizado e adaptacións do curriculum tanto desde unha perspectiva individual como institucional.
Seminar Será o núcleo principal da actividade presencial. Búscase unha participación informada do alumnado que se documentará previamente seguindo as orientación bibliográficas facilitadas.
Simulation Cada equipo de forma autónoma, seleccionará un tópico, un tema que consideran que pode estar de actualidade na práctica psicopedagóxica, por ser unha barreira para a inclusión do alumnado. Esta simulación reproducirase na aula mediante unha dramatización ou un video. Consta dos seguintes apartados: presentación da situación problemática, simulación da abordaxe e búsqueda de solución do equipo docente/DO/distintos axentes da comunidade educativa e realización dunha proposta adaptada á situación.
Workbook As lecturas máis esenciais serán facilitadas con antelación á realización de cada sesión. O alumnado orientado pola bibliografía facilitada na materia, complementará estas lecturas coas da súa elección, utilizando bases de datos de calidade contrastada. A lectura é indispensable para propiciar unha discusión académica apropiada ao nivel do mestrado. Valorarase a súa incorporación nas distintas actividades de avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes