Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Necesidades específicas de apoio educativo e adaptacións curriculares
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 A8 B10 Realización dunha proposta pedagóxica inclusiva para un caso específico 40
Seminario A7 A8 B2 B3 B4 Tomaranse en conta na avaliación
a. A participación activa e informada na discusión dirixida. A aportación de materiais e análise riguroso dos mesmos.
b. A análise, interpretación e elaboración de propostas de acción pedagóxica na sua abordaxe

20
Portafolios do alumno B2 B3 B4 B10 C6 A avaliación contemplará o traballo do portafolio que se realiza na actividade presencial e non presencial, que consistirá na:
-Reflexión e argumentación das actividades realizadas nas sesións de aula.
40
 
Observacións avaliación

O alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir a titorías para fixar as sesións interactivas e expositivas nas que poderá estar presente co fin de determinar os traballos sustitutorios, se fose o caso. Nesta titoría será informado do procedemento de avaliación que será o que resulte máis acaído en función da súa presencia/ausencia nas sesións interactivas. De ser o caso, o alumnado poderá realizar individualmente os traballos que sustitúen a súa participación no seminario. As condicións son idénticas na primeira e segunda oportunidade.

Recoméndase
enviar os traballos telematicamente e, de non ser posible, non utilizar
plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar
imprimir borradores.

Débese facer
un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o
medio natural.Débese ter
en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Seguirase a normativa universitaria no que  respecta á 
perspectiva de xénero no  desenvolvemento da materia . Recoméndase utilizar linguaxe non sexista
nos traballos académicos e citación xusta nas referencias
bibliográficas dos mesmos.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes