Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía |
Asignaturas |
Deseño e interpretación de probas diagnósticas |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño e interpretación de probas diagnósticas | Código | 652511215 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Análise de fontes documentais | A6 A11 B5 B7 B11 C1 C6 | Valorarase, a través dunha rúbrica, elaborada expresamente para a avaliación desta metoloxía, atendendo a criterios relativos á riqueza e pertinencia das fontes bibliográficas, á capacidade de síntese, precisión e expresión escrita correcta, e ao correcto emprego das Normas APA 7ª ed. A actividade levarase a cabo en grupos e presentarase como "Introducción" ao estudo de casos que será entregado ao final do cuadrimestre. |
10 |
Proba obxectiva | A6 B5 B10 B11 B12 C1 C6 | Valorarase a adquisición dos coñecementos teóricos e prácticos mediante unha proba que poderá incluir preguntas de resposta múltiple, ordenación, resposta breve, discriminación, completar e/ou asociación, ou ben pódese construír con un só tipo dalgunha destas. Os tipos de preguntas seguirán o seguinte sistema de corrección: - Preguntas V/F: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta. - Preguntas resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas - 1). - Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada. - Preguntas de asociación e completar: cada erro resta a metade dun acerto. Nota importante: Para a superación da metodoloxía “proba obxectiva” é requerido que o estudante obteña un 5. No caso de non acadar esta cualificación, non se terá en conta a avaliación continua. No caso de suspender, na convocatoria da 2ª oportunidad, non se terá en conta a avaliación continua. |
50 |
Estudo de casos | A9 B5 B10 B11 B12 C6 | Cada grupo de estudantes traballará con casos ao longo de todo o cuadrimestre. Deberá ir aplicando, de forma progresiva, os coñecementos teórico-prácticos desenvolvidos nas sesións expositivas a problemas reais, que presentará por escrito e de forma oral, e que será valorado a través dunha rúbrica elaborada expresamente para a avaliación desta metodología. Terase en conta a capacidade do alumnado para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos, para resolver problemas en entornos novos ou pouco conecidos, a súa integración para formular xuizos e para comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan. |
40 |
Observacións avaliación | |||
REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA:
MODALIDADES DE AVALIACIÓN
As metodoloxías que se teñan aprobadas na primeira oportunidade non se gardarán para a segunda oportunidade (xullo) do ano en curso. A avaliación adiantada rexerase polo mesmo procedemento de avaliación que o especificado na 1ª e 2ª oportunidade aplicable ao alumnanado "non asistente". |
|