Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Didácticas Específicas Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Fraguela Vale, Raul
Correo electrónico
raul.fraguela@udc.es
Profesorado
Fraguela Vale, Raul
Pérez Guilarte, Yamilé
Correo electrónico
raul.fraguela@udc.es
yamile.perez@udc.es
Web
Descrición xeral
Nun contexto socioeducativo no que a infancia e a mocidade están cada vez máis afastadas do medio natural e ven reducidas as súas posibilidades de aprendizaxe experiencial ante o avance das pantallas e as contornas virtuais, son moitas as voces que reclaman un replantexamento da educación cara a enfoques máis experienciais e activos. Tanto en contexto educativos escolares como non escolares, a aprendizaxe do e a través da contorna próxima debe ser unha das bases do proceso de aprendizaxe, especialmente en idades temperás. O aproveitamento didáctico dos recursos que ofrece a contorna supón un cambio metodolóxico, saír das aulas e aumentar o contacto do alumnado co seu contexto vital. Supón tamén descubrir e pór en valor o patrimonio material e inmaterial de cada territorio para que sexa o primeiro estímulo e motivación do alumnado que o habita. Os docentes deben desenvolver competencias para ler a contorna en clave educativa, para xerar experiencias que desenvolvan aprendizaxes e ser capaces de elaborar recursos didácticos a partir de cada contexto.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías