No caso dos estudantes que asistan a máis do 80% das sesións o valor de cualificación da proba mixta dividirase entre a avaliación dos traballos tutelados, aos que lles corresponderá o 50% da cualificación, e a avaliaciónda aprendizaxe colaborativa á que lle corresponderá o 40%. O 10% restante será para a análise de fontes documentais.
Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciais deberá entregar todos os traballos solicitados e será avaliado, polo traballo individual e pola proba mixta. Neste caso os dous ítems da avaliación empregados (traballoe proba individual) terán unha ponderación do 50%, esixíndose cadansúa nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.
Considerarase como “Non presentado” (NP)aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorrese ásdistintas actividades a avaliar (actividades sesións interactivas; prueba escrita;trabajos tutelados) que se establezan para o curso académico.
Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):
- Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.
- Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente.Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase como "Non Presentado", por non completar as distintas actividade a avaliar (actividades das sesións interactivas; proba escrita; traballos tutelados) que se establecen para o curso académico.
- No caso da concorrer a todas as actividades a avaliar, a cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso, así como da proba escrita a realizar na data oficial , debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, a nota será a media ponderada dos apartados suspensos e deberán repetir/entregar na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos/proba).
Todos os aspectos relativos á dispensa académica, dedicación ao estudo e permanencia, así como fraude académica, non explicitamente tratados neste apartado rexeranse pola normativa académica vixente da UDC.
NOTA 1:
- Os erros ortográficos nos traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final.
- En virtude do artgo. 14, aptdo 4 da NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017) o plaxio detectado nos traballos entregados será motivo de suspenso na materia.