Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Traballo fin de Mestrado
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 A36 A37 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase dos diferentes tipos de TFM e según as diferentes partes de modo xeral os seguintes aspectos:

-Cuestións formais (5 %)
• Claridade de ideas, de exposición e de organización da información
• Relación e coherencia entre as partes do TFM
• Boa calidade lingüística do discurso
-Fundamentación teórica (30 %)
• Suficiencia e profundidade do marco teórico, de xeito que se demostre posuír coñecementos sobre o desenvolvemento e nivel alcanzado no tema tratado.
• Creatividade e orixinalidade na presentación da temática, na súa análise ou no seu tratamento.
• Referencia aos contidos traballados no Mestrado.
• Documentación de apoio actualizada e referencias bibliográficas citadas conforme ás normas propias dos traballos científicos e profesionais.
-Desenvolvemento do TFM (35 %)
• Nivel de concreción do TFM
• Viabilidade da proposta atendendo á súa contextualización
• Adecuación ao marco lexislativo e curricular.
• Existencia e adecuación de criterios de avaliación da proposta.
-Valoración persoal e conclusións TFM (15 %)
• Relación das conclusións cos obxectivos do TFM
• Grao de integración dos coñecementos conseguidos nas distintas materias cursadas no Mestrado
• Grao de desenvolvemento das competencias profesionais
85
Presentación oral A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A32 A33 A34 A35 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase:
• Existencia e calidade nos medios e/ou materiais de apoio
• Coherencia e claridade de ideas na exposición
• Boa competencia lingüística oral
• Capacidade de síntese
• Habilidade para responder na discusión.
15
 
Observacións avaliación

O
alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación ou
defensa pública do TFM: unha ordinaria e outra extraordinaria.



Para a
avaliación dos TFM constituiranse tribunais (nomeados polo/a coordinador/a do
mestrado) por cada unha das especialidades. Cada un estará formado por tres membros titulares
e un ou dous/dúas suplentes. O/a director/a do TFM non poderá formar parte da
tribunal avaliadora correspondente, sempre e cando os recursos humanos o
fixeren posible.


Finalizadas todas as defensas de TFM da sesión correspondente, o tribunal
publicará as cualificacións provisionais no taboleiro do mestrado e/ou na APP
de TFM.


En relación coa avaliación de cada traballo, o tribunal procederá a cualificar
o traballo realizado coa nota media das cualificacións emitidas por cada un dos
membros. A cualificación poderá ser: a) Non presentado; b) Suspenso: de 1 a
4.9; c) Aprobado: de 5 a 6.9; d) Notable: de 7 a 8.9; e) Sobresaliente: de 9 a
10 



A
mención de «matrícula de honra» poderá ser outorgada en caso de que os membros
do tribunal estean de acordo na súa concesión por unanimidade.

Convocatoria adiantada.

 Rexerase segundo o documento marco vixente.



Todos
os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”,
“permanencia”
e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica
vixente da UDC (https://www.udc.es/es/normativa/academica/).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes