Atendendo ás Normasde Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario, a materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia, o alumnado deberá acadar un 5 na cualificación global da mesma.
O alumnado que durante o curso perda a condición de asistente (80% da presencialidade nassesións) terá que realizar as actividades restantes de forma individualizada edeberá estar pendente das actividades e das datas de entrega das mesmas.
O alumnado con recoñecemento de dispensa académica deberá poñelo en coñecemento da docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. Terá que realizar, individualmente, todas as actividades propostas ao longo do curso e entregalas nas datas establecidas. Ademais, deberá realizar unha proba presencial na data do exame. Se non se cumpre a entrega na data sinalada ou non se presenta o día do exame considerarase como Non presentado.
A segunda oportunidade estará destinada ao alumnado que no superase a materia ou que non se presentase.
- No primeiro caso (alumnado que non superou a materia na primeira oportunidade), realizará novamente as actividades de avaliación continua que non aprobou.
- No segundo caso (alumnado non presentado na primeira oportunidade) realizará todas as actividades de avaliación continua.
A oportunidade adiantada rexerase polo mesmo sistema de avaliación que o especificado na primeira e segunda oportunidade.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixenteda UDC.