Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Exposición verbal do traballo realizado, na que deberán participar todos os membros do grupo.
Traballos tutelados Traballos prácticos relacionados con lecturas, casos prácticos e exposicións orais.
Estes traballos deberán realizarse en grupo para a súa posterior presentación. Todos os grupos deberán subir os traballos realizados ao campus virtual en formato pdf, antes da exposición.
Neste bloque establécese un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación obtida na proba tipo test, se nesta non se obtén unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, a materia considerarase non superada.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo comunitario coa aprendizaxe nun único proxecto, no que se forma o alumnado traballando as necesidades reais do seu contorno para melloralo.
O alumnado matriculado na materia ofrecerá a posibilidade de participar nunha actividade de aprendizaxe-servizo cunha entidade colaboradora.
A actividade de aprendizaxe servizo e a de traballo tutelado SON EXCLUSIVAS, polo que o alumnado elixirá entre a realización dunha ou outra actividade, de xeito que a nota correspondente será a asignada a cada actividade, é dicir, o 60% da nota final.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha pregunta directa ou de enunciado incompleto, e varias opcións de resposta ou alternativas que aporten posibles solucións, das que só unha delas é válida.
A proba establece un mínimo ou restrición para poder superar a materia, é dicir, independentemente da cualificación acadada na parte práctica, se na proba tipo test non se obtén unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, a materia considerarase non superada.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes