Para superar a materia deberá superarse tanto a proba obxectiva
como o traballo tutelado.
O traballo tutelado (escrito), é dicir, o 30% da nota total da materia,
poderá convalidarse no caso de que o/a alumno/a preparara un artigo científico
para publicar nunha revista de prestixio ou ben xa o teña publicado, sobre o
que deberá facer unha presentación oral (10%).
TRABALLOS TUTELADOS: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que
se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e
respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario.
Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por
razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas
ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E
DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA: Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.