Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (a distancia)
 Subjects
  Metodoloxía para a Investigación Clínico-Epidemiolóxica e Traslacional
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Objective test A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C7 C8 C9 Proba obxectiva con preguntas tipo test, sobre os contidos desenvolvidos na materia 50
Supervised projects A1 A2 B1 B8 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C7 C3 C8 C9 Traballo consistente na elaboración dun borrador breve dun protocolo de investigación sobre unha temática elixida polo/a estudante, desde a perspectiva da investigación cuantitativa. Programaranse varias entregas que serán revisadas polas docentes, que tutelarán o alumnado na elaboración do traballo final. 50
 
Assessment comments

A avaliación damateria constará de dous partes:

  • Unha parte de avaliación continua (50%, 5 puntos sobre 10) consistente na elaboración, de forma individual, do borrador dun protocolo de investigación clínico-epidemiolóxica ou traslacional, de temática libre, coas especificacións indicadas polas profesoras da materia. A entrega desta actividade é obrigatoria para poder superar a materia.
  • Unha proba obxectiva (50%, 5 puntos sobre 10), en relación cos contidos desenvolvidos na materia. Será necesario obter unha calificación mínima de 3 puntos sobre 10 na proba obxectiva para facer media coa parte da avaliación continua.

Non presentado

Obterá a cualificación de NP (Non Presentado), o/a alumno/a que non se presente á proba obxectiva.

Segunda oportunidade

O sistema de avaliación decrito será de aplicación tanto en primeira como en segunda oportunidade. Conservarase a nota do traballo tutelado obtida en primeira oportunidade. Para aqueles/as estudantes que non o realizasen, ou para os que queiran volver a ser avaliados, establecerase un novo prazo de entrega do traballo antes da proba obxectiva da segunda oportunidade.

Segunda convocatoria e sucesivas

No caso do alumnado de segunda convocatoria e sucesivas, non se conservarán as cualificacións obtidas en cursos anteriores. O sistema de avaliación será o mesmo que en primeira convocatoria. 

Matrícula de honra

Poderán optar a Matrícula de Honra os alumnos con unha media que supere o 9. As profesoras da materia poderán considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa
académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica”
rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes