O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable).
A efectos desta materia, considerarase como Non presentado (NP) ao alumnado que non participe na totalidade de actividades de avaliación continua, tendo en conta as condicións que figuran a continuación.
Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas, e entregar todos os traballos solicitados. Ademais, deberá acadar unha nota global mínima de 5 puntos, e ter superada, como mínimo, a metodoloxía de Investigación (Proxecto de investigación), para o cal é preciso obter unha cualificación mínima do 50% da nota máxima (2,5 sobre 5 puntos). En caso contrario, non se sumarán nin serán tidas en conta as notas das restantes metodoloxías (Análise de fontes documentais e Presentación oral), e a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na metodoloxía suspensa (Investigación).
No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (febreiro), a/o estudante deberá repetir na segunda oportunidade (xullo) a entrega do(s) traballo(s) suspenso(s) ou non entregado(s).
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da Universidade da Coruña.
A docente responsable da materia resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos do seu desenvolvemento, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.