O conxunto de prácticas (obradoiro e traballo tutelado) suporán o 50% da cualificación, o exame final o 50% restante.
O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC. Para aprobar amateria é necesario aprobar tanto a parte práctica (traballos e prácticas) como o exame. Entenderase como aprobado obter unha calificación igual ou superior a 5.
Aqueles/as alumnos/asque se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial (os que non se acollan á avaliación continua presencial), deberán pórse en contacto cos profesores ao inicio do curso. A súa avaliación basearase nun traballo empírico individual sobre un tema relacionado coa materia (50% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (50% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto o traballo (50%) como o exame (50%).
Gardaranse as notas dos traballos e das prácticas para a segunda oportunidade.
Os materiais utilizados nas sesións, presentacións, audiovisuais, lecturas e prácticas serán postos a disposición do/a alumno/a en formato dixital a través daplataforma Moodle, na medida da posible.
Sempre que sexa posible, os traballos e prácticas entregaranse en formato dixital a través da plataforma Moodle, sen necesidade de imprimilos.
Tódolos aspectos relacionados con "dispensa académica", "adicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académico" rexiranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.