Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Subjects
  Work Placement II
   Contents
Topic Sub-topic
Temas transversais a todas as prácticas: 1.- Principios teóricos básicos de avaliación e actuación profesional dende a terapia ocupacional sobre contornos/contextos. Unha mirada ocupacional a:
• Contornos domésticos
• Accesibilidade e deseño universal.
• Contorno/s social, histórico, cultural e institucional/ais

2.- Observación e análise de factores ambientais.
• Introdución aos factores ambientais.
• Conceptos de barreiras e facilitadores. Identificación e análise en diferentes contextos.
• Utilización dos conceptos contexto/ambiente dos modelos teóricos específicos de terapia ocupacional (por exemplo: Persoa-Medio-Ocupación, Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo Kawa, Modelo de Ocupación Humana) para a súa análise.

3.- Valoración de ambientes de participación nas ocupacións:
• Avaliación da accesibilidade dos contornos.
• Observación coa finalidade de avaliar ambientes.
• Análise do medio dende unha perspectiva individual e dende unha perspectiva colectiva.
• Valoración de ambientes específicos en función das ocupacións que acollen e das persoas que as desenvolven.
• Recollida de información da avaliación.


4.- Deseño de contornos accesibles para a participación nas ocupacións
• Principios para desenvolver o asesoramento.
• Deseño de actuacións específicas para a acción no medio ambiente. Exemplos: adaptacións funcionais do medio, deseño de ambientes socialmente facilitadores, propostas dende a perspectiva da universalidade, propostas de contrnos inclusivos para todas as persoas.

5.- Rexistro de información:
• Criterios de elaboración de rexistros das actividades realizadas.
• Comunicación con outros/as profesionais.
• Comunicación cos usuarios/as (persoa/grupo/comunidade).
Proxectos rotatorios de prácticas: 1.- Proxecto comunitario participativo de terapia ocupacional con Servizos Sociais.
2.- Proxecto comunitario de intervención social desde entidades de iniciativa social.
3.- Proxecto de intervención domiciliaria (colaboración en proxecto IKEA: Fogares máis accesibles para persoas con diversidade funcional).
4.- Proxecto de avaliación de contornos inmediatos e intervención domiciliaria.
5.- Proxecto de deseño de entornos para todas as persoas no ámbito educativo.


*Os proxectos poden sufrir modificacións polas necesidades contextuais da materia ou de cada proxecto.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes