Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada descrita desenvolverase principalmente en torno ao traballo tutelado, e concíbese como momentos de traballo persoal co profesorado da materia para a atención e seguimento do traballo realizado por cada un dos grupos de traballo. Recoméndase a asistencia do alumnado a estas reunións, cuxa forma e momento concretos nos que terá lugar se indicarán ao longo do curso en función do plan de traballo da materia, estimándose que a primeira reunión cos grupos de traballo terá lugar ao inicio do segundo cuadrimestre. Con todo, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes