Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C9 Avaliación continua dos exercicios e casos prácticos propostos para a súa resolución. 30
Traballos tutelados A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 Avaliación continua dos traballos realizados en equipo, que poderán ser presentados e/ou debatidos oralmente. 20
Proba obxectiva A10 B1 B2 B3 B4 B8 B9 C2 C9 AVALIACIÓN DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE
- No primeiro cuadrimestre, no día e hora fixados polo docente, realizarase o primeiro exame parcial para o 25% da cualificación final.
- A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, o alumnado realizará un destes dous:
(i) o segundo exame parcial, que suporá o 25% da cualificación final.
(ii) o exame final global, que suporá o 50% da cualificación final.

AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE
A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final global. Para poder recuperar a avaliación continua da primeira oportunidade, tomarase a maior entre:
a) Cualificación acadada ao longo do curso nas metodoloxías de avaliación continua (50%); máis a cualificación acadada na proba obxectiva da segunda oportunidade (50%).
b) Exclusivamente pola cualificación acadada na proba obxectiva da segunda oportunidade (100%).
50
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA A CLASE E AVALIACIÓN CONTINUA

A asistencia a clase é fundamental para acadar os obxectivos de aprendizaxe da materia. Por esta razón, para valorar as actividades de avaliación continua será necesaria unha asistencia mínima do 50% das clases prácticas. Se non se alcanza esta porcentaxe, estas actividades serán valoradas con cero puntos.

Proba obxectiva.

En cada proba obxectiva, a primeira e a segunda partes da materia avaliaranse por separado, sendo obrigatorio obter unha NOTA MÍNIMA de 4 sobre 10 en ambas partes para aprobar a materia. De non cumprirse este requisito, a nota rexistrada na materia limitarase a un máximo de 4,5 sobre 10. No exame global da Primera Oportunidade participarán: 

  1. O alumnado que non obtuvo a nota mínima esixida de 4 sobre 10 no primeiro exame parcial. 
  2. O olumnado que obtivo a nota mínima, mais renunciou a ela e obtivo unha autorización formal por escrito do profesor para presentarse ao exame global. 

Os criterios de avaliación empregados na Primeira Oportunidade aplican tamén á Segunda Oportunidade.

Cualificación de non presentado.

Considerarase como “Non presentado” (NP) o alumnado que non se presente á proba do período oficial de avaliación e só participe de actividades de avaliación continua que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Convocatoria adiantada

Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade, coa excepción da avaliación continua: agrégase nunha única proba oral a realizar na mesma data do exame da oportunidade de avaliación adiantada.

Dispensa académica.

Non se recoñece para esta materia.

Outras observacións

Para todos os aspectos relacionados con “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” seguirase  a normativa académica vixente da UDC.

All communications between faculty members and students, all teaching and classroom activities, as well as the assessment process will be in English.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes