Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Estratexias de Promoción na Moda II: Publicidade e Relacións Públicas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral B6 C8 C5 Os estudantes presentarán oralmente o proxecto dixital ao final do curso e será valorado con 0,5 puntos. Outros 0,5 puntos provirán da participación nas presentacións mensuais que se realicen, así como doutras actividades que se leven a cabo na clase. 10
Proba de resposta múltiple A8 B1 Proba individual de resposta múltiple cunha única resposta correcta. As respostas incorrectas serán penalizadas.
O exame, de carácter individual, deberá prepararse empregando todos os materiais dispoñibles na plataforma virtual, isto é, non só facendo uso das diapositivas, senón tamén das lecturas, materiais audiovisuais e notas que se tomen na aula.
É necesario que os estudantes aproben o exame, isto é, obter unha cualificación igual ou superior a 2,5 sobre un máximo de 5 puntos.
50
Traballos tutelados B2 B3 B4 B5 B8 B9 C1 C3 C9 Por grupos, os estudantes deberán idear e executar o proxecto dixital. Os estudantes deberán traballar no mesmo durante todo o curso. Durante este, os estudantes presentarán un informe mensual de resultados. Valorarase a capacidade dos estudantes para monitorizar os resultados obtidos e para identificar e implementar estratexias que melloren os seus resultados. O total de puntos acadados para este proxecto é de 3. Os estudantes tamén organizarán un evento que será avaliado por un total de 1 punto. 40
Aprendizaxe servizo A3 B3 C3 C7 Os alumnos que voluntariamente decidan facer APS traballarán cun proxecto dixital cun carácter social que atendan ós ODS.
Os estudantes deberán traballar no mesmo durante todo o curso. Durante este, os estudantes presentarán un informe mensual de resultados. Valorarase a capacidade dos estudantes para monitorizar os resultados obtidos e para identificar e implementar estratexias que melloren os seus resultados.
Tal e como se comentou no apartado de metodoloxía a actividade "aprendizaxe-servizo" e a actividad "traballos tutelados" son excluintes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade. De tal maneira o total de puntos acadados para este proxecto APS é de 3. Os estudantes tamén organizarán un evento que será avaliado por un total de 1 punto.
0
 
Observacións avaliación

NORMATIVA

Todos os aspectos relacionados coa "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

TIPOS DE CALIFICACIÓN

a) CALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO Corresponde ao alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

b) ESTUDANTADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA

Os alumnos con "dispensa académica de exención de asistencia" requeriráselles unha presentación oral (10% da puntuación), un traballo escrito final (40% da puntuación) e un exame (50% da puntuación). O traballo práctico deberá traballarse de forma autónoma. Os alumnos con dispensa poderán defender oralmente o seu proxecto de forma en liña se así o solicitan. Para superar a asignatura deberá acadarse no exame final un mínimo de 2,5 puntos sobre 5, así como na parte práctica (presentación oral e traballo escrito) un mínimo de 2,5 puntos sobre 5. A nota final será a suma de ambas partes.

OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

A. PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia os alumnos deberán aprobar tanto o exame final coma o traballo final cun mínimo de 2,5 sobre 5 para cada unha das partes mencionadas. O mínimo para aprobar é de 5 puntos resultante da suma das dúas partes. No caso de suspender algunha das dúas partes, na acta reflectirase a nota da parte suspensa avaliada aplicando unha escala de 0 a 10. No caso de suspender as dúas partes, na acta reflectirase aquela con maior puntuación nunha escala de 0 a 10.

O sistema e as datas oficiais de avaliación aplicaranse a todo o estudantado da materia, incluíndo estudantado Erasmus e de intercambio. Os alumnos que superaron a materia non poderán acudir á segunda oportunidade para subir nota. Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos que os da primeira.Quen non superara a materia na primeira oportunidade deberá rexer polos seguintes criterios:

a) Aprobado o proxecto e suspenso o exame. Os alumnos deberán repetir o exame (50% da nota). Estes alumnos poderán presentar novamente o proxecto, doutro xeito, manterase a nota obtida na primeira oportunidade. O proxecto para entregar na segunda oportunidade deberá respectar os contidos demandados na primeira oportunidade e non será defendido oralmente. O peso ponderado do proxecto será do 50%.

b) Suspenso o proxecto e aprobado o exame. O proxecto para entregar na segunda oportunidade deberá respectar os contidos demandados na primeira oportunidade e non será defendido oralmente. O peso ponderado do proxecto será do 50%. Os estudantes poderán repetir o exame (50% da nota), doutro xeito, manterase a nota obtida na primeira oportunidade.

c) Suspenso o proxecto e o exame. Deberán repetirse ambas as partes. O proxecto para entregar na segunda oportunidade deberá respectar os contidos demandados na primeira oportunidade e non será defendido oralmente. O peso ponderado do proxecto será do 50%. O do exame será do 50%.

B. Para a oportunidade adiantada, a avaliación será un exame tipo test (proba obxectiva deresposta múltiple) (100% nota) con varias alternativas de resposta, onde oserros penalizarán.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes