Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Internacionais
 Asignaturas
  Xeografía Política
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 A7 A10 A11 B3 B4 B5 B7 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C7 C9 Forma parte da avaliación continua desenvolvida a través da aprendizaxe colaborativa alcanzada nas aulas e que resulta na realización de tantos estudos de casos ao longo do curso como o profesor estime oportuno. Criterios de valoración dos traballos escritos: axuste do traballo ás instruccións, calidade formal; calidade e creatividade dos contidos; amplitude e pertinencia das fontes de información utilizadas. Criterios de valoración das presentacións orais: axuste da presentación ás instruccións; calidade e creatividade dos contidos da presentación; amplitude e pertinencia das fontes de información. A participación activa e con aproveitamento nas actividades presenciais é obrigatoria para o alumnado con dedicación completa. 20
Proba mixta A2 A1 A3 A5 A7 A8 A11 B3 B4 B5 B6 B1 C1 C2 Consistirá na realización, na data oficialmente establecida, duha proba mixta presencial sobre os contidos da materia. Valoraráse a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e, por suposto, o coñecemento dos contidos do programa. Criterios de avaliación: coñecemento dos contidos teóricos, capacidade para aplicar os contidos teóricos a casos prácticos, nivel de consecución das competencias incluídas no programa da materia, capacidade de análise e síntese, extensión e precisión do vocabulario, corrección estilística e gramatical. 40
Traballos tutelados A5 A7 A10 A11 B3 B4 B5 B7 B11 B12 B13 B14 B1 C1 C2 C3 C4 C7 C9 Forma parte da avaliación continua desenvolvida a través da aprendizaxe colaborativa alcanzada nas aulas e que resulta na realización de tantos traballos tutelados ao longo do curso como o profesor estime oportuno. Criterios de valoración dos traballos escritos: axuste do traballo ás instruccións, calidade formal; calidade e creatividade dos contidos; amplitude e pertinencia das fontes de información utilizadas. Criterios de valoración das presentacións orais: axuste da presentación ás instruccións; calidade e creatividade dos contidos da presentación; amplitude e pertinencia das fontes de información. A participación activa e con aproveitamento nas actividades presenciais é obrigatoria para o alumnado con dedicación completa. 40
 
Observacións avaliación

A materia segue criterios de avaliación
continua; polo que a participación activa e con aproveitamento nas actividades
presenciais é obrigatoria para o alumnado con dedicación completa. Os criterios
de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación
incluíndo a convocatoria adiantada. A cualificación final da materia obterase
sumando a puntuación da parte práctica + a puntuación da proba mixta. Aínda que
esta materia, como se indicou, segue criterios de avaliación continua, os estudantes
que o desexen poderán renunciar á avaliación continua e terán dereito a optar
pola elección dun sistema de avaliación global, sempre dentro da mesma
oportunidade de avaliación. Esta avaliación global consistirá na realización
dunha proba mixta final sobre os contidos da materia á que se lle outorgará
unha puntuación máxima de 10 puntos e na que a puntuación mínima a obter para
superar a materia será de 5 puntos. 

Considerarase que se comenten prácticas
ilícitas cando un alumno actúa para defraudar ou tratar de defraudar ós
sistemas de comprobación e avaliación do rendemento académico, así como o
incumprimento das normas establecidas polo profesor para a realización de
traballos. Os traballos nos que se detecten prácticas ilícitas serán
cualificados con un 0. O uso de calquera axuda ou dispositivo no exame final
está totalmente prohibido; no caso de utilizar calquera soporte non permitido
quedará automaticamente suspenso, independentemente da nota do exame e outras
probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.)
penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario”.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes