Teaching GuideTerm
Faculty of Humanities
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Internacionais
 Subjects
  Intercultural Communication
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Mixed objective/subjective test A3 A10 C4 C7 Proba escrita na que se avaliarán os contidos impartidos na materia.
Para superar a materia é preciso superar o exame .
50
Case study B6 B7 B8 C1 Valorarase a participación activa.
10
Supervised projects B3 B7 C1 C4 C7 Os docentes presentarán ao longo do curso un ou varios traballos ao alumnado. É imprescindible seguir as instruccións dadas e cumprir cos prazos e requisitos previstos.
O incumprimento destes requerimentos implicará a anulación da entrega e, por tanto, da súa valoración (cero puntos).
40
 
Assessment comments

O sistema de avaliación descrito nesta guía corresponde a un modelo de avaliación continua, que require asistencia ás clases. Porén, o alumnado pode optar por unha avaliación final, baseada nunha serie de metodoloxías comunicadas ao alumnado polo docente co fin de avaliar a adquisición das competencias requeridas. A partires do inicio do curso académico, o alumnado que opte por esta última opción deberá comunicar ao profesorado encargado, no prazo dun mes, a súa renuncia á avaliación continua.

As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024-2025 e documentación concordante.

O alumnado que goce de dispensa académica e non desexe a avaliación final pode poñerse en contacto coa profesora da asignatura, ata o día 25 de setembro, a fin de acordar un itinerario personalizado que supla as ausencias nas aulas. Fóra desta data non serán atendidas peticións deste tipo.

Na avaliación continua, a superación da materia require que o/a estudante obteña un mínimo de 5 na puntuación global (50 puntos), sendo preciso aprobar ambas partes (teórica e práctica). Neste cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante nin aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato diferente ao indicado.

Valorarase positivamente a participación activa durante as clases, tanto nas teóricas como nas prácticas.

Coa proposta de cada traballo e/ou actividade, o/a docente explicará detalladamente o contido e normas formais, así como o tipo de soporte e data de entrega.

Aqueles estudantes que non completen o proceso de avaliación continua e/ou que non se presentaron ao exame da convocatoria oficial poderán optar á segunda oportunidade establecida polo calendario de exames oficiais. Nesta convocatoria o/a docente fixará un novo prazo de entrega dos traballos prácticos antes da data prevista para a convocatoria oficial do exame.

En termos xerais, en todos os exercicios prácticos valorarase a capacidade de expresión, análise e síntese; a capacidade crítica, analítica e reflexiva; a redacción, o estilo e a corrección gramatical e ortográfica, así como o coidado formal na presentación dos exercicios.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

As titorías do profesorado da poden consultarse e/ou solicitarse enviando unha mensaxe a través da páxina da materia na plataforma virtual docente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes