Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Internacionais
 Asignaturas
  Filosofía Política
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Cuestionarios e actividades previas de avaliación informal de coñecementos básicos de Filosofía Política, así como de Filosofía en xeral.
Sesión maxistral Desenvolvemento das unidades en clase presencial mediante o apoio de presentacións que se porán a disposición dos alumnos ao remate de cada unha das unidades. Todo o material exposto baséase no traballo de investigación do profesor responsable da materia.
Lecturas Revisar e comentar as exposicións das unidades temáticas facilitadas polo profesor, así como a bibliografía de secundaria obrigatoria e/ou recomendada.
Traballos tutelados Respostas progresivas e supervisadas aos exercicios de control incluídos ao final de cada unidade previamente facilitadas ao alumnado xunto coas presentacións complementarias das unidades.
Obradoiro Debate e realización dun breve exercicio escrito individual tras o visionado e comentario colectivo dunha película de contido filosófico-político.
Análise de fontes documentais Lectura, análise e comentario de textos orixinais dos autores e/ou modelos de pensamento político examinados co alumnado sobre o tema. No caso de textos que non foron escritos orixinalmente en inglés, na medida do posible, o alumnado tamén tentará traballar con versións orixinais dos textos para familiarizarse, polo menos, coa terminoloxía orixinal.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes