Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Química
 Asignaturas
  Tratamento de Residuos Sólidos Urbáns e Industriais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo Realización das saídas de campo (visitas a plantas de tratamento) e elaboración dunha memoria conforme ós aspectos formais básicos. 5
Sesión maxistral Avaliación continuada da participación do/a alumno/a nas mesmas. Volorarase a asistencia ás clase e a participación do/a alumno/a. 20
Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas e a elaboración dunha memoria conforme valorarase neste apartado. 10
Proba obxectiva Valoración da resposta a cada unha das preguntas na escala de 0 a 10, en relación cos contidos tratados na materia. O profesor indicará o peso relativo de cada unha das preguntas. 50
Seminario Avaliación continuada da participación do/a alumno/a e dos resultados acadados do seu traballo (exercicios, revisión de temas e lecturas). 15
 
Observacións avaliación

As memorias de laboratorio e traballos e/ou exercicios de seminario deberán ser entregadas nun prazo máximo que especificará o profesorado con antelacion suficiente.


A cualificación de "non presentado " darase a quen participara en menos do 20% do conxunto das actividades programadas.


Tanto a asistencia ás saídas de campo e ás prácticas de laboratorio como a superación das mesmas (por medio das memorias correspondentes) é condición necesaria para supera-la materia en tódolos casos.


Nas convocatorias extraordinarias computará en exclusiva a correspondente proba obxectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes