Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
 Asignaturas
  Técnicas Celulares
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos fundamentos e aspectos teórico-prácticos relacionados coas distintas técnicas empregadas en Bioloxía Celular.
Prácticas de laboratorio As prácticas representan unha parte indispensable da materia e nelas abordaranse aspectos prácticos e aplicacións das distintas técnicas celulares. Desenvolveranse en laboratorios e instalacións específicas: laboratorios da Facultade de Ciencias, laboratorios do Instituto de Investigacións Biomédicas (INIBIC) e Servizos de Apoio á Investigación (SAI) da UDC.
O alumno desenvolverá protocolos de laboratorio e asistirá a demostracións de uso de equipos de investigación.
Traballos tutelados Elaboración de traballos e/ou resolución de cuestionarios e problemas sobre aspectos concretos das técnicas utilizadas.
Proba mixta Consistirá nunha proba escrita con preguntas tipo test e/ou de resposta curta sobre aspectos teóricos, prácticos e aplicacións das técnicas tratadas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes