Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética
 Asignaturas
  Neurobioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais B3 B5 B9 C1 C2 C9 Debaterase sobre un artigo de investigación actual, no que o estudante debe participar activamente despois de ter realizado a análise crítica individual do mesmo.
10
Proba obxectiva A6 A7 A8 Consistirá en preguntas de resposta curta e preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de completar ou de asociación sobre os contidos dos temas tratados nas sesións maxistrais, discusións dirixidas e seminarios.
70
Prácticas de laboratorio C8 Ao final do período de prácticas, os estudantes deberán presentar un resumo ou informe relacionado cos contidos das actividades prácticas realizadas. 20
 
Observacións avaliación

OBSERVACIÓNS:

As prácticas de laboratorio configúranse como unha parte esencial do contido da materia, polo que a súa realización será presencial. 

É condición necesaria que todos os alumnos aproben as actividades "Análise de fontes documentais" e "Prácticas de laboratorio" para poder superar a materia.

No caso da segunda oportunidade da convocatoria do ano en curso (convocatoria de Xullo) manterase o sistema de avaliación previsto para a primeira oportunidade, tanto para o alumnado que non superase algunha/s da/s partes coma para aquel alumnado que non se presentou ás mesmas. 

As Matrículas de Honra concederánse entre os alumnos que se presenten na primeira oportunidade de cada convocatoria.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación conlevará a aplicación da normativa vixente ao respecto.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes