Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
 Asignaturas
  Cromosomas: Estructura. Función e Evolución
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor transmitirá coñecementos teóricos nas sesións maxistrais presenciais, vencellados ó desenvolvemento dos bloques temáticos da materia. O contido destas sesións axustarase ós coñecementos previos adquiridos polo alumnado nos seus estudos de Grao.
Seminario De maneira simlutánea ó desenvolvemento das sesións maxistrais, o profesor incentivará a elaboración progresiva dun único seminario-dossier por parte do alumnado, co obxectivo de completar os coñecementos básicos adquiridos nas sesións maxistrais con coñecementos máis específicos. Esta dinámica docente resultará na elaboración dun dossier final de referencia sobre a materia para os alumnos.
Proba obxectiva Proba final que contemplará cuestións básicas sobre a materia, referida tanto a sesións maxistrais, seminario e prácticas.A detección de plagio suporá unha calificación de Cero.
Prácticas de laboratorio Incluirán a aprendizaxe de metodoloxías principalmente baseadas en tecnicas cromosómicas. Realizarase una visita a un laboratorio especializado
Presentación oral Referida ó seminario-dossier elaborado de forma conxunta polo alumnado. Cada alumno presentará unha parte do seminario intentando encadrar a mesma no contexto global do traballo elaborado en colaboracións cos seus compañeiros/as.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes