Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética (semipresencial)
 Asignaturas
  Técnicas Celulares
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 B3 B4 C1 C3 C8 C9 Valorarase a capacidade de deseñar e planificar experimentos, interpretar datos e/ou resolver cuestionarios. 30
Proba mixta A2 B3 Valorarase a adquisición de coñecementos sobre os fundamentos teóricos e aplicacións, claridade das explicacións, capacidade de integrar e relacionar a información tratada e a capacidade de interpretar datos e resolver problemas. 50
Prácticas de laboratorio A1 A2 A13 B3 B4 Valorarase a implicación, a destreza nas tarefas planificadas e o coñecemento dos riscos potenciais que leva consigo o desenvolvemento destas. 20
 
Observacións avaliación

O exame (proba mixta) realizarase a través do "Campus Virtual" nas datas e horas fixadas no calendario oficial.

A asistencia ás prácticas é condición necesaria para ser avaliado. 

No caso de non superarse a materia na primeira oportunidade da convocatoria, as cualificacións obtidas nos traballos tutelados e prácticas conservaranse para a segunda oportunidade. 

As matrículas de honra outorgaranse preferentemente entre os estudiantes (presenciáis e non presenciáis) presentados na avaliación correspondente á primeira oportunidade da convocatoria.

No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, aplicarase a normativa vixente na UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes