Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética (semipresencial)
 Asignaturas
  Neurobioloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de 60 minutos de duración aproximada sobre os contidos correspondentes ao temario.
Para un total aproveitamento das mesmas, recoméndase que o alumno revisase, con anterioridade, os aspectos fundamentais dos diferentes contidos nos textos e nos enlaces web que se recomendan no apartado "Fontes de información".
Ademais, o alumnado dispoñerá dos contidos dos temas desenvolvidos nesta materia na plataforma "Campus Virtual" en diferentes formatos (pdf, ppt, gravacións, vídeos...).
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio configúranse como unha parte esencial da materia.
Durante o seu desenvolvemento, aspectos relacionados con:
- Identificación de distintas rexións do sistema nervioso
- O uso de modelos animais para o estudo do sistema nervioso en condicións normais e / ou patolóxicas
- O uso de liñas mutantes e transxénicas en estudos de Neurociencia
- O manexo de páxinas interactivas, atlas de neuroanatomía en liña e ligazóns web relacionadas con contidos prácticos.
Ao finalizar o período de prácticas, os estudantes deberán presentar un informe sobre elas.
Análise de fontes documentais Consistirá na lectura individual de artigos recentes de Neurobioloxía designados polo profesorado e que complementan o contido das clases maxistaris. Posteriormente, o alumnado presentarán un breve resumo do artigo asignado, que servirá de base para a posterior discusión guiada.
Os materiais necesarios para desenvolver esta actividade serán proporcionados polo profesorado, previamente, a través da plataforma Campus Virtual.
Os estudantes poderán consultar as súas dúbidas co profesorado a través de correo electrónico, chats e videochamadas.
Proba obxectiva Consistirá na realización dun exame sobre os contidos da materia, con preguntas de tipo test e/ou preguntas curtas.
O exame farase preferentemente en liña a través da plataforma Campus Virtual.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes