Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética (semipresencial)
 Asignaturas
  Toxicología Xenética
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Videos nos que os profesores introducirán os contidos do programa con axuda de materiais multimedia.
Prácticas a través de TIC Práctica realizada utilizando equipamento informático sobre a busca e manexo de información toxicolóxica en internet. Os estudantes que non asistan á sesión síncrona terán que cubrir un cuestionario ao respecto e entregalo antes da fin do prazo fixado.
Traballos tutelados Traballos tutelados en grupos sobre un tema proposto polos profesores. A petición dos estudantes realizaranse tutorías para concretar os pontos a tratar en cada traballo. Os ficheiros correspondentes a cada traballo e á súa presentación entregaranse a través da plataforma Moodle antes do fin do prazo fixado. Posteriormente os traballos poranse a disposición de todos os alumnos no Moodle.
Seminario Seminario bibliográfico no que os alumnos presentarán os traballos realizados a través da plataforma Teams.
Solución de problemas Proporcionarase aos estudantes material sobre a avaliación da fragmentación do ADN espermático.
Os estudantes cubrirán un cuestionario ao respecto e deberán entregalo antes da fin do prazo fixado.
Proba mixta Ao finalizar o programa da materia realizarase unha proba que constará de preguntas de resposta curta e/ou preguntas tipo test.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes