Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética (semipresencial)
 Asignaturas
  Toxicología Xenética
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A6 A12 B3 B5 C1 Exame: cuestionario con preguntas de resposta curta e/ou tipo test. Cómpre aprobar este exame para superar a asignatura. 52
Prácticas a través de TIC B3 C2 C6 Os alumnos que non teñan asistido á sesión síncrona deberar encher un cuestionario e entregalo a través do Moodle antes da fin do prazo establecido.
Para os estudantes que asistiran á sesión síncrona, valorarase asistencia e participación, sempre que se aprobe o exame.
4
Sesión maxistral A6 A8 A12 O contido das sesións maxistrais será avaliado no exame 0
Solución de problemas A8 A12 B3 C6 Os alumnos deberar encher un cuestionario sobre cuestións prácticas de laboratorio e entregalo a través do Moodle antes da fin do prazo establecido. Valorarase sempre que se aprobe o exame. 4
Traballos tutelados A12 B3 B5 B6 B9 C1 C2 Realización obrigatoria dun traballo tutelado en grupo (sempre que o número de estudantes o permita). A cualificación será a mesma para todos os membros do grupo. Valorarase sempre que se aprobe o exame. 40
Seminario B3 B5 B6 B9 C1 Presentación obrigatoria do traballo tutelado a través de Teams 0
 
Observacións avaliación

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Requisitos para superar a materia: Entregar e expoñer o traballo tutelado, entregar o cuestionario de cuestións prácticas de laboratorio, entregar o cuestionario de prácticas TIC (no caso de non ter asistido á sesión síncrona), obter unha puntuación mínima dun 50% do peso do exame, e obter unha puntuación mínima global do 50% do total da materia.

Avaliación na segunda oportunidade: Se non se fixo no seu momento, os alumnos deberán entregar e expoñer o traballo tutelado, entregar o cuestionario sobre cuestións prácticas de laboratorio e, no caso de non ter asistido ás prácticas TIC, entregar o cuestionario correspondiente, ademais de realizar o exame.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes